Despois de tantas aventuras xuntos, risas, viaxes e momentos compartidos, decidimos dar o seguinte paso e celebrar o noso amor rodeados das persoas máis importantes para nós.
Marca este día no teu calendario: O 10 de Outubro do 2026 diremos ¡si, quero!
Queremos que sexa unha festa chea de ledicia, boa música, sorrisos e, sobre todo, moito agarimo.
Aquí atoparás toda a información sobre a voda: horarios, cómo chegar, recomendacións de aloxamento e algunha sorpresa máis.
Prepárate para un día máxico que quedará na nosa memoria para sempre.